QUEIXERÍAS BAMA - O noso queixo
HISTORIA
Queixerías Bama é herdeira da tradición queixeira que existía na zona centro de Galicia, máis específicamente entre os ríos Ulla e Tambre. Nace no seo dunha familia con larga tradición queixeira, no afán de preservar e potenciar os produtos tradicionais, que dan identidade á nosa zona.
Tradicionalmente os nosos bisavós e tataravós facían un queixo ou dous ao día, e o levaban ao mercado local. Moi pouco a pouco, foi chegando a industrialización do produto, e así partindo dos 300 litros ao día que se procesaban a nivel familiar no ano 1987, pasouse ós 50000 litros ao día que se procesan actualmente.
Este cambio foise producindo paralelamente ao cambio da gandeiría galega, que pasou da vaca como ferramenta de traballo, á productora de leite. Polo tanto a partir dos oitenta, ao producirse máis leite, faise necesario a transformación da mesma, e xurden ante esa necesidade tanto as queixerías como as denominacións de orixe.

Nas mellores condicións, nun fértil val, as numerosas granxas aportan diariamente o leite máis fresco. Así tras unha pasteurización suave, as técnicas tradicionais de elaboración ofrecen como resultado final, uns queixos de textura delicada e fundente.


Hai que resaltar que en Queixerías Bama, non escatimamos na cantidade de leite necesaria para a produción do queixo, xa que usando a leite de mellor calidade, adaptamos os volumes en función da época do ano, coa finalidade de manter sempre os altos niveis de calidade do noso queixo.

¿Por qué mercar queixo BAMA?
Existen moitas maneiras de facer queixo, pero unha sóa de facer un queixo de calidade. Eso sabémolo ben en Queixerías BAMA, xa que aínda que hai unha tendencia a facer queixos cada vez máis baratos en detrimento da calidade, dende Queixerías BAMA seguimos mellorando o noso queixo cada día, facéndoo con máis matices e sabor que nunca, e ademáis respetuoso co medio ambiente.
Todo o contido desta páxina web (xa sexa en forma de texto, imáxenes ou vídeo) é propiedade de Queizuar SL e Queixerías Bama SL
A páxina web está optimizada para o seu uso en Mozilla Firefox, aínda que é compatible con Google Chrome e Internet Explorer.